O próximo fin de semana do 14 e 15 de Febreiro, farase nas instalacións do Club Juan Oliveira de Cabaleiros do Deza, o 1º Clinic de horseball do ano 2009, a cargo do Seleccionador Galego “Arnaud Serre”, onde se desenvolverán xornadas técnicas e tácticas con todos os participantes. Así mesmo o seleccionador comprobará o estado de forma dos nosos xinetes e amazonas así como os novos xogadores/as que se incorporan este ano á Liga Galega.A Vocalía desexa facer un chamamento a todos os Clubs Hípicos de Galicia, así como a todas as persoas interesadas en coñecer esta disciplina hípica, que se animen a participar ou a asistir para tomar contacto.
Horarios:
-Venres 13:
Recepción de Cabalos.
-Sábado 14:
9.30 h.: Comezo do Clinic.
14 h.: Comida. 16.30 h.: Continuación.
19.30 h.: Final da Xornada.
20.30 h.: Reunión Xeral .Estudo do novo Regulamento e confección do calendario da Liga Galega de Horseball 2009.
- Domingo 15:
9 h.: Continuación do Clinic.
13 h.: Final.
Inscricións: ata o 10 de Febreiro na FHG. Prezo: 50 euros por participante (incluído aloxamento e almorzo no albergue).
Ingreso no Banco Etcheverría 0031 0019 67 1131000842.
No hay comentarios:
Publicar un comentario