jueves, 26 de febrero de 2009

LIGA NOHB 08/09 ELITE

ESTE SABADO 28 DE FEBREIRO E DOMINGO 1 DE MARZO DISPUTARASE EN MOURISCADE NO CLUBE HIPICO MUNICIPAL JUAN OLIVEIRA UNHA XORNADA DA LIGA NOHB NA QUE SE CRUZARAN OS SEGUINTES EQUIPOS:
-CABALEIROS DO DEZA.
-CICASA SANTA COMBA.
-TSUNAMI DE PALENCIA
-LABIANO DE NAVARRA
NESTA XORNADA DE LIGA ESTRENARANSE OS FONDOS DE PISTA INCHABLES QUE SON OBLIGATORIOS POR SEGURIDADE.

lunes, 16 de febrero de 2009

5º Premio na Feira do Cocido

O Xurado da Feira do Cocido puntuou a actuación dos cabaleiros do deza con 52,75 puntos, o que lle deu lugar o quinto posto na clasificación xeral que estaba dotado cun premio de 300 euros.
A actuación dos cabaleiros do deza consisteu nunha parodia da romería sevillana do Rocío co título "Camino do Cosío".

Podedes ver algunha das fotos realizadas por deza.org pinchando na imaxe.
Cabaleiros do Deza na Feira do cocido 2009

sábado, 7 de febrero de 2009

RUTA ZOBRA 09

XA TEMOS A DISPOSICION NA NOSA WEB AS FOTOS DA " XXI RUTA A ZOBRA"

miércoles, 4 de febrero de 2009

CLINIC DE HORSEBALL



O próximo fin de semana do 14 e 15 de Febreiro, farase nas instalacións do Club Juan Oliveira de Cabaleiros do Deza, o 1º Clinic de horseball do ano 2009, a cargo do Seleccionador Galego “Arnaud Serre”, onde se desenvolverán xornadas técnicas e tácticas con todos os participantes. Así mesmo o seleccionador comprobará o estado de forma dos nosos xinetes e amazonas así como os novos xogadores/as que se incorporan este ano á Liga Galega.A Vocalía desexa facer un chamamento a todos os Clubs Hípicos de Galicia, así como a todas as persoas interesadas en coñecer esta disciplina hípica, que se animen a participar ou a asistir para tomar contacto.
Horarios:
-Venres 13:
Recepción de Cabalos.
-Sábado 14:
9.30 h.: Comezo do Clinic.
14 h.: Comida. 16.30 h.: Continuación.
19.30 h.: Final da Xornada.
20.30 h.: Reunión Xeral .Estudo do novo Regulamento e confección do calendario da Liga Galega de Horseball 2009.
- Domingo 15:
9 h.: Continuación do Clinic.
13 h.: Final.
Inscricións: ata o 10 de Febreiro na FHG. Prezo: 50 euros por participante (incluído aloxamento e almorzo no albergue).
Ingreso no Banco Etcheverría 0031 0019 67 1131000842.