martes, 25 de marzo de 2008

¿QUE É UN RAID?

Esta disciplina hípica é unha proba contrareloxo que evalúa tanto a resistencia do cabalo a hora de percorrer grandes distancias coma o plantexamento estratéxico da carreira por parte do xinete. Vendo desenvolver o cabalo ante os diversos terreos e obstáculos naturais que lle saen ó paso, coñécese o saber hípico do xinete e o adestramento e estado do cabalo. O cabalo e o xinete deben estar en excelentes condicións físicas para resistir a proba.

O raid, tamén chamado endurance dividese nun número de fases que duran o redor de 40 km. O final de cada unha ai unha inspección veterinaria cun tempo de retención que comeza cando o pulso do caballo está en torno os 64 ou mais, senon, continua a carreira. Se a distancia da carreira é moi elevada, as fases repartense en varios días, xa que neste deporte se prioriza a saude e o benestar do cabalo, o cal ante cualquiera problema sanitario, se retira da carreira.

Nestes casos (que a competencia dure mais dun día), a distancia promedio mínima dun concurso internacional ronda os 80 km., e un oficial os 100 km. Se o campeonato só dura un día, as distancias oscilan entre os 120 e 160 km., cun tempo gañador de 10 a 12 horas.

Así mesmo, a vez que a carreira principal, existen distancias menores de 30, 40, 70 e 80 km., para xinetes e amazonas (menores e maiores). O percorrido pódese facer tanto ó paso, ó trote ou ó galope, dependendo das características do terreo a percorrer.

Tamén se debe saber que o percorrido non debería ter mais dun 10% de camiños con superficie dura, estando nunca esta zona preto da meta.

Para demostrala dureza desta proba remarcar un dato, nos Emiratos Árabes Unidos, na cidade de Dubai, dos 180 participantes da proba de raid só 80 chegaron a meta final.

Resumindo, no raid ou endurance únese a resistencia da parella cabalo-xinete, asi coma a sua capacidade para o plantexamento da proba e a sua condición física. Non existe limite de idade para os xinetes, nin limitación de razas equinas. Un adecuado estado de saúde e unha excelente condición física son suficientes para que calqueira cabalo poida practiclo deporte.

As diferentes categorías do ranking dividense da seguinte maneira:

Cat .

Duración da Proba e Kilómetros


1 día

2 días

3 días ou más

1

+ de 155 Km.

+ de 2x95 Km.

+ de 80 Km./día

2

120 Km . – 155 Km.

2x80 Km. – 2x95Km.

80 Km ./día

3

80 Km . - 119 Km.



4

40 Km . – 79 Km.



No hay comentarios: