sábado, 13 de diciembre de 2008

ASAMBLEA XERAL DA ASOCIACION

O VINDEIRO XOVES DEZAOITO DE DECEMBRO AS 21:00 TERA LUGAR A ASAMBLEA XERAL DA ASOCIACION CABALEIROS DO DEZA. DITA ASAMBLEA CELEBRARASE NO ALBERGUE VICENTE AGULLO DE MOURISCADE.
O REMATE DESTA DEGUSTARANSE UNS PINCHOS NO CITADO ALBERGUE.

jueves, 27 de noviembre de 2008

Ruta ó Irixo

Un centenar de Cabaleiros do Deza participará esta fin de semana nunha ruta que ten como destino O Irixo. A saída será o día 29, as 15.30 horas, dende Mouriscade, con destino o lugar de Casares, onde pernoctarán, ademáis de degustar un cocido e disfrutar dunha festa con baile. Tralo almorzo, a comitiva voltará o día 30 a Moursicade, onde se degustará una churrascada. Una ruta coa que estreitaranse lazos cos Cabaleiros do Irixo e permitirán planificar máis actividades en común. O concello ourensán dará un recordo a todolos participantes.

miércoles, 26 de noviembre de 2008

LIGA NOHB ELITE

  • LIGA NOHB Por fin volvió el Horseball de la Liga NOHB este pasado fin de semana a Villamartín de Campos con la celebración de la 1º jornada de la III Liga NOHB ELITE de Horseball, competición oficial de la RFHE, con la participación de los equipos CICASA Santa Comba y Cabaleiros Do Deza de Galicia, La Plaza Sharks de Madrid y Águilas Horseball Palencia.


    A nivel deportivo, las Águilas Horseball Palencia son el primer líder de Elite, gracias a sus dos partidos ganados, por delante de Cabaleiros Do Deza y La Plaza Sharks con una victoria cada uno. Mala suerte para el Cicasa Santa Comba que perdió a su capitán, el internacional Roberto Turnés por lesión de tobillo en su primer partido contra los Sharks. Desde aquí le deseamos una pronta recuperación.

    Los resultados fueron los siguientes :

  • Águilas Horseball Palencia 11,---- Cabaleiros Do Deza, 4.
  • CICASA Santa Comba 6,--------- La Plaza Sharks 8.
  • Águilas Horseball Palencia 6,----- CICASA Santa Comba 2.
  • La Plaza Sharks 6,--------------- Cabaleiros Do Deza, 8.

jueves, 20 de noviembre de 2008

¿Cómo chegaches a esta páxina? A través de



Na enquisa rematada xa ai tempo Deza.org segue a ser o método empregado pola maioría das persoas que acceden a esta web seguido dalgún buscador igualado con outros medios.

Grazas pola vosa votación.

LIGA NOHB 08/09 ELITE

ARRANCA EN PALENCIA EL FIN DE SEMANA DEL 22/23-11-08 LA PRIMERA JORNADA DE LIGA EN LA CATEGORÍA " ELITE" EN LA QUE SE CRUZARAN LOS SIGUIENTES EQUIPOS:
  • SABADO 22
  • ÁGUILAS-CABALEIROS Y PLAZA -CICASA
  • DOMINGO 23
  • ÁGUILA-CICASA Y PLAZA -CABALEIROS

martes, 11 de noviembre de 2008

DERRADEIRA E FATIDICA XORNADA DE LIGA

O Sábado día 8 de Novembro, celebrouse a 5ª e última xornada da Liga, no campo Municipal de Vilariño en Nigrán , organizada polo Club Hípico La Muralla de Vigo. Desenvolveuse cun gran ambiente de afeccionados a pesar da ameaza de choiva. Encontros disputadísmos para decidir o Campión de Liga entre La Muralla de Vigo e Cabaleiros do Deza, así mesmo dos outros dous encontros, River Plate-Vigo Horseball e Sta.Comba-Chaparral, sairía o terceiro clasificado . Finalmente La Muralla de Vigo proclamouse o equipo Campión, seguido de Cabaleiros do Deza e do Cicasa Sta. Comba. O máximo goleador da Liga foi Cristian Goce. Como Equipo máis deportivo proclamouse “O Chaparral de Vigo”
Resultados:
  • -River Plate de Nigran 4 - Vigo Horseball ( Vital-Vigo ) 6-
  • -Chaparral de Vigo 3 - Cicasa Sta. Comba 14
  • -La Muralla de Vigo 13 - Cabaleiros do Deza 4

lunes, 3 de noviembre de 2008

ULTIMA XORNADA DE LIGA DE HORSEBALL



O Sábado dia 8 de Novembro, celebrarase en Nigrán, Campo Municipal de Poutón en Vilariño, a 5ª Xornada da Liga Galega de Horseball, xornada orgaizada polo Club Hípico La Muralla de Vigo, que porá fin a Liga Galega de Horseball 2.008.Os partidos disputaranse a partir das 4 da tarde e deles sairá o terceiro clasificado da Liga Galega,La Muralla de Vigo, a falta desta xornada, ostenta o título de campeón, seguido de Cabaleiros do Deza.
Horarios :
-16 hrs : River Plate de Nigrán --Vigo-Horseball ( Vital-Vigo)
Arbitro a cabalo : Ricardo Martinez -- de Cadeira : Fernando Regalade.
-16,30 hrs : Cicasa Santa Comba – Chaparral de Vigo
Arbitro a cabalo : Olalla Miguez -- de Cadeira : Cristian Goce.
-17 hrs: A Muralla de Vigo -- Cabaleiros do Deza .
Arbitro a cabalo : Roberto Turnes -- de Cadeira : Fernando Alonso
Delegado Federativo : David Villamarin.
Secretaría : Luis Alfonso Noya
15,30 Horas : Reunión Xefes de Equipos, Arbitros e Delegados Federativos.

martes, 7 de octubre de 2008

II COPA DE ESPAÑA DE CLUBS

A II Copa de España de Clubs de HorseBall disputarase os días, 10, 11 e 12 de outubro nas instalacións do Centro Ecuestre “El Asturcón” de Oviedo, coa colaboración da Real Federación Hípica Española (RFHE). Esta competición é valedoira para determinar o equipo Campión, que represente a España no Campionato de Europa de Clubs que se disputará en Estocolmo (Suecia) no mes de novembro . Tres son os equipos Galegos que participarán este ano por dereito propio. Dous pola Liga Galega de HorseBall e un pola Liga Noroeste de España (Liga NOHB).
Equipos participantes:
Liga NOHB:
1- TSUNAMI de Zolina, Pamplona, Navarra
2- CICASA-SANTA COMBA, A Coruña
3-AGUILAS de Palencia, Villamartin, Palencia, Castilla y Leon.
Liga Gallega:
1- LA MURALLA de Vigo, Vigo, Pontevedra, Galicia.
2- CABALEIROS DO DEZA, Lalín, Pontevedra, Galicia.
Liga Catalana:
1- AMICS HORSEBALL ALFORGES AHA - Camòs, Banyoles, Girona.
2- CEEC, Cardedeu, Barcelona
3- A determinar

viernes, 3 de octubre de 2008

CAMPEONATO GALLEGO DE RAID

POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO VAISE A CELEBRA EN LALIN NO CLUBE HIPICO JUAN OLIVEIRA O CAMPIONATO GALEGO DE RAID, PROBA REINA DO RAID GALEGO.

PROBAS A DISPUTAR:
  • MARCHA TECNICA 25KM
  • PROMOCION 50KM
  • CEN* 75 KM
  • CAMPIONATO GALEGO 75KM

HORSEBALL


CLASIFICACIONPJPG PEPP GFGE PUNTOS
LA MURALLA33002739
CABALEIROS DO DEZA 330024139
RIVER PLAY NIGRAN 3201------
CICASA STA COMBA310220195
VIGO-HORSEBALL300313253
CHAPARRAL DE VIGO30035283
GOLEADORES
CABALEIROS DO DEZA
RICARDO 3
PABLO A. 3
REGALDE 13
TOÑO G. 3
IAGO 2

RESULTADOS TERCEIRA XORNADA DE LIGA

CLUB CHAPARRAL DE VIGO 1 - LA MURALLA 8
VIGO-HORSEBALL 6 - CABALEIROS DO DEZA 7
RIVER PLAY DE NIGRAN 7 - STA COMBA 6
PROXIMA XORNADA DIA 25 DE OUTUBRO EN PLAYA AMERICA

martes, 23 de septiembre de 2008

3ª Xornada da Liga Galega de Horseball / Lalín 27 de setembro 2008


O Sábado día 27 de Setembro, celebrarase en Lalín, Leira Mouriscade, a 3ª Xornada da Liga Galega de Horseball. A xornada presentase interesante logo deste merecido descanso pola celebración de Campionato de España e os Campionatos do Mundo Masculino e Europeo Feminino e en visperas do Campionato de España de Clubs que se celebrará no Asturcón os días 10, 11e 12 de Outubro.

Logo desta Xornada os dous equipos clasificados 1º e 2º son os que terán dereito a participar no 2ºCampionato de España de Clubs.

Horarios :
16,30 hrs: Chaparral de Vigo - A Muralla
Arbitro a cabalo: Olalla Miguez, de cadeira: Fernando Regalade
17 hrs: Cabaleiros do Deza - Vigo-Horseball (Vital-Vigo)
Arbitro a cabalo: Roberto Turnes, de cadeira: David Alonso
17,30 hrs: Cicasa Santa Comba - River Play de Nigrán
Arbitro a cabalo: Cristian Goce, de cadeira: Fernando Regalade
Delegado Federativo: David Villamarin
Secretaría: Luís Afonso Noya.
15,30 Horas: Reunión Xefes de Equipos, Árbitros e Delegado Federativo.

É imprescindible a puntualidade e cumplir os horarios pola organización do Clinic de Doma Clásica.

martes, 22 de julio de 2008

A cousa vai de Orellas...



Cando un cabalo move as orellas é, normalmente, porque está a buscar a orixe dun ruido. Pero ademáis disto, os diferentes movementos que poderemos verlle facer coas orellas teñen multitude de significados, convertindose nun dos principais métodos de comunicación para este animal.
Aprenda a saber qué queren dicir algúns dos movementos máis habituais que o seu cabalo realiza coas orellas:

* Orellas en constante movemento: actitude habitual nun cabalo confiado pero vixiante.
* Orellas rectas ou de cara adiante: localizou un obxeto que lle inqueda.
* Orellas verticais: claro síntoma de temor.
* Orellas lixeiramente cara atrás: denotan irritación.
* Orellas totalmente cara atrás: o cabalo está enfadado, disposto a pelexar.
* Orellas en sentidos diferentes: non entende o que vostede lle solicita.

Ademáis disto convén saber que si o cabalo é xoven, normalmente porá as orellas cara atrás ó ser montado polo xinete, o cal significa que todavía non recoñece a persoa (nese intre e para o cabalo, un intruso) que se situou tras dél.
Debemos observalo tamén cando dorme, momento no que deixará as suas orellas caídas; si estando nesta posición non as levanta ó menor ruido, deberemos vixiar a sua saúde, porque éste é un claro síntoma de enfermidade.

sábado, 19 de julio de 2008

A Selección Epañola de Horseball en Mouriscade


As seleccións masculina e feminina de Horseball prepararanse nas instalacións das que dispóñen os Cabaleiros do Deza en Mouriscade, do 23 ó 27 de xullo, para o primeiro campionato mundial de Horseball que terá lugar na localidade portuguesa de Ponte de Lima.

jueves, 17 de julio de 2008

Sabias que...

No momento de asear ó cabalo, debemos ter en conta que é totalmente necesario que a auga non lle alcance as orellas. A auga nas orellas provocaralle a pérdida total do equilibrio, podendo chegar a desplomarse contra o chan.

jueves, 29 de mayo de 2008

Rodeo Americano "estilo Lalín"

Buscando en youtube topamos este video do que foi o rodeo estilo Lalín da XX edición da Feira do cabalo.

lunes, 26 de mayo de 2008

Exito da XX edición... pensando xa na XXI

Xa o din os medios de comunicación hoxe nos seus titulares:

FARO DE VIGO: "Un desfile de 3.500 visitantes en Mouriscade"
LA VOZ DE GALICIA: "El paraiso de John Wayne"

Y é que pese ó mal tempo da fin de semana, en Mouriscade ninguén parecía mollarse.
En breve publicaranse as valoracións da Organización.

viernes, 23 de mayo de 2008

O tempo para a feira do cabalo 2008

Parece que, ao igual que o ano pasado, imos ver uns raios de sol o Domingo e pouco máis. Como isto é unha predicción, esperemos que falle e teñamos un sol de "carallo" :-)

martes, 22 de abril de 2008

Concello y Cabaleiros do Deza darán «un novo pulo» a la Feira do Cabalo


El edil Manuel Fernández anunció ayer la fecha para el 24 y 25 de mayo, que no coincidirá con la Semana Verde
22/4/2008
El año pasado llovió tanto por al Feira do Cabalo que cualquiera lo recuerda. También se recuerda porque la misma cantidad de agua cayó por la Semana Verde. La lluvia es un imprevisto no calculable. La coincidencia de los certámenes un desajuste o error organizativo. Otro factor clave fue que se trataba del primer año en que se trasladaba la Feira desde el recinto ferial de Lalín, en obras y ya inoperativo, a las flamantes instalaciones hípicas asentadas en Mouriscade, algo que conlleva una cultura previa y un márketing de iniciación para los visitantes.
Toda esta confluencia de factores desmereció una programación con buen diseñó que enseñaba ya las cartas de la Asociación Cabaleiros do Deza apuntando a los tradicionales ejercicios, demostraciones y concursos pero complementados con acampadas y uso social del área recreativa buscando llenar de valor una feria con opciones de ampliar el ring a una romería de dos días.
Para la actual de 2008 se anunció ayer la fecha desde el Concello de Lalín. El concejal de Actividade e Producción Agraria, Manuel Fernández, informó ayer que la XX Feira do Caballo será de en el área recreativa de Mouriscade los días 24 y 25 de mayo.
Evitan la coincidencia con la Semana Verde evento que incluye en su programación de fin de semana capítulos de exhibición y concursos equinos y que habrían sido de nuevo competencia innecesaria para dos eventos perjudicándose ambos.
Las declaraciones del concejal apuntan a objetivos importantes, seguramente pensando en la pasada edición y en la celebración de una edición emblemática como marca el hecho de ser la vigésima.
Fernández asegura que «este ano tentaremos darlle un novo pulo en colaboración coa asociación Cabaleiros do Deza», y recuerda que se trata de un certamen que con el paso del tiempo se convirtió en un referente para los amantes de estos animales.
Edil neutral
El concejal señala que se está utimando el programa de actividades que se desarrollarán en los dos días de feria programados y que «estamos seguros será un reclamo para a presenza de centenares de persoas atraidas pola calidade dos animais presentes como polos actos que se preparen».
Desde el Concello no se apuntó nada ayer sobre un hándicap más, y no baladí, que afecta al mundo el caballo lalinense y que es el desencuentro existente en el seno de la sociedad equina lalinense que tira en dos direcciones. Buscar puntos de encuentro, al menos mínimos para eventos de referencia como la Feira do Cabalo, sólo parece posible desde posiciones neutrales como la del edil de Actividade e Producción Agraria cuya vinculaciones profesionales están más en el mundo del ganado vacuno pero que apunta a nuevos «pulos» para el certamen equino lalinense por autonomasia.

jueves, 3 de abril de 2008

Cabaleiros do Deza lidera la Liga NOHB tras cinco jornadas

Noticia de La Voz de Galicia

Los Cabaleiros do Deza se sitúan a la cabeza de la clasificación de la Liga NOHB de horseball tras la disputa de las cinco primeras jornadas del campeonato. Los hombres de Ricardo Martínez ganaron sus tres encuentros y se sitúan por delante de equipos como Tsunami 74, Águilas Horseball de Palencia y La Plaza Sharks.
Los resultados de los Cabaleiros do Deza fueron: Búfalos 5-6 Cabaleiros; Cabaleiros 6-3 La Plaza Sharks y Cabaleiros 7-1 Centro Ecuestre Coronado. La próxima jornada será el 26 y 27 de abril en Villamartín de Campos.

martes, 25 de marzo de 2008

¿QUE É UN RAID?

Esta disciplina hípica é unha proba contrareloxo que evalúa tanto a resistencia do cabalo a hora de percorrer grandes distancias coma o plantexamento estratéxico da carreira por parte do xinete. Vendo desenvolver o cabalo ante os diversos terreos e obstáculos naturais que lle saen ó paso, coñécese o saber hípico do xinete e o adestramento e estado do cabalo. O cabalo e o xinete deben estar en excelentes condicións físicas para resistir a proba.

O raid, tamén chamado endurance dividese nun número de fases que duran o redor de 40 km. O final de cada unha ai unha inspección veterinaria cun tempo de retención que comeza cando o pulso do caballo está en torno os 64 ou mais, senon, continua a carreira. Se a distancia da carreira é moi elevada, as fases repartense en varios días, xa que neste deporte se prioriza a saude e o benestar do cabalo, o cal ante cualquiera problema sanitario, se retira da carreira.

Nestes casos (que a competencia dure mais dun día), a distancia promedio mínima dun concurso internacional ronda os 80 km., e un oficial os 100 km. Se o campeonato só dura un día, as distancias oscilan entre os 120 e 160 km., cun tempo gañador de 10 a 12 horas.

Así mesmo, a vez que a carreira principal, existen distancias menores de 30, 40, 70 e 80 km., para xinetes e amazonas (menores e maiores). O percorrido pódese facer tanto ó paso, ó trote ou ó galope, dependendo das características do terreo a percorrer.

Tamén se debe saber que o percorrido non debería ter mais dun 10% de camiños con superficie dura, estando nunca esta zona preto da meta.

Para demostrala dureza desta proba remarcar un dato, nos Emiratos Árabes Unidos, na cidade de Dubai, dos 180 participantes da proba de raid só 80 chegaron a meta final.

Resumindo, no raid ou endurance únese a resistencia da parella cabalo-xinete, asi coma a sua capacidade para o plantexamento da proba e a sua condición física. Non existe limite de idade para os xinetes, nin limitación de razas equinas. Un adecuado estado de saúde e unha excelente condición física son suficientes para que calqueira cabalo poida practiclo deporte.

As diferentes categorías do ranking dividense da seguinte maneira:

Cat .

Duración da Proba e Kilómetros


1 día

2 días

3 días ou más

1

+ de 155 Km.

+ de 2x95 Km.

+ de 80 Km./día

2

120 Km . – 155 Km.

2x80 Km. – 2x95Km.

80 Km ./día

3

80 Km . - 119 Km.



4

40 Km . – 79 Km.



martes, 4 de marzo de 2008

10-8


Este foi o resultado acadado esta fin de semana no partido de Horseball que disputaron en Santiago de Compostela o equipo dos Cabaleiros do Deza contra o Vigo Horseball. Un partido que deu a victoria os dezanos nun encontro cuyo obxetivo era fomentar este deporte a nivel infantil.

lunes, 3 de marzo de 2008

XX Feira do Cabalo

A XX edición da Feira do Cabalo correspondente ao ano 2008 será o 24 e 25 de Maio.
Todavía se está a perfilar o programa, que poderedes ver na sección FEIRA DO CABALO na páxina oficial www.cabaleirosdodeza.com.

A resposta: Sí

Ante a enquisa que propoñiamos sobre si a asociación Cabaleiros do Deza debería voltar a participar na Feira do cocido de Lalín , con carroza ou sen ela, a resposta dos internautas foi clara, un 100% opinou que SÍ deberían voltar. Queda a proposta anotada. Gracias a todos os que votastes na enquisa.

domingo, 2 de marzo de 2008

ZOBRA 2008

Xa tendes dispoñibles as Fotos da Ruta a Zobra celebrada o último fin de Semana do mes de Febreiro.

lunes, 21 de enero de 2008

Pregunta do Millón







Na enquisa que propoñemos no blog nos facemos unha pregunta interesante: ¿Deberían voltar os Cabaleiros do Deza a participar no Cocido cunha Carroza? Buscando no baúl dos recordos topamos unha imaxe, creo que da última carroza que se fixo para desfilar polas rúas lalinenses o día mais "grande" do pobo, o día do cocido.
Que risas alá polo 2004 (ano da imaxe) vendo a parodia da "boda real".