martes, 22 de julio de 2008

A cousa vai de Orellas...



Cando un cabalo move as orellas é, normalmente, porque está a buscar a orixe dun ruido. Pero ademáis disto, os diferentes movementos que poderemos verlle facer coas orellas teñen multitude de significados, convertindose nun dos principais métodos de comunicación para este animal.
Aprenda a saber qué queren dicir algúns dos movementos máis habituais que o seu cabalo realiza coas orellas:

* Orellas en constante movemento: actitude habitual nun cabalo confiado pero vixiante.
* Orellas rectas ou de cara adiante: localizou un obxeto que lle inqueda.
* Orellas verticais: claro síntoma de temor.
* Orellas lixeiramente cara atrás: denotan irritación.
* Orellas totalmente cara atrás: o cabalo está enfadado, disposto a pelexar.
* Orellas en sentidos diferentes: non entende o que vostede lle solicita.

Ademáis disto convén saber que si o cabalo é xoven, normalmente porá as orellas cara atrás ó ser montado polo xinete, o cal significa que todavía non recoñece a persoa (nese intre e para o cabalo, un intruso) que se situou tras dél.
Debemos observalo tamén cando dorme, momento no que deixará as suas orellas caídas; si estando nesta posición non as levanta ó menor ruido, deberemos vixiar a sua saúde, porque éste é un claro síntoma de enfermidade.

sábado, 19 de julio de 2008

A Selección Epañola de Horseball en Mouriscade


As seleccións masculina e feminina de Horseball prepararanse nas instalacións das que dispóñen os Cabaleiros do Deza en Mouriscade, do 23 ó 27 de xullo, para o primeiro campionato mundial de Horseball que terá lugar na localidade portuguesa de Ponte de Lima.

jueves, 17 de julio de 2008

Sabias que...

No momento de asear ó cabalo, debemos ter en conta que é totalmente necesario que a auga non lle alcance as orellas. A auga nas orellas provocaralle a pérdida total do equilibrio, podendo chegar a desplomarse contra o chan.